Programa de asesoramento e consultoría en liña para o sector turístico
Programa de asesoramento e consultoría en liña para o sector turístico

Que é turismo 100×100?


Un servizo de consultoría en liña posto en marcha polo Clúster de Turismo de Galicia, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, para prestar un asesoramento técnico individualizado a empresas turísticas nos actuais tempos de crise.

A través dun equipo multidisciplinar de expertos, trabállase na identificación e implementación de medidas que contribúan a minimizar o impacto da COVID-19 na xestión empresarial.

  • Dirixido a pemes e autónomos do sector turístico galego
  • Gratuíto e de fácil acceso
  • Baseado na implantación práctica e seguimento de accións por parte do equipo de expertos
  • Orientado a accións concretas que faciliten:
  • A supervivencia empresarial | A xestión do cambio
  • Executado polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración con expertos colaboradores

PARA QUEN

  • Servizos de restauración
  • Hoteis
  • Pensións
  • Apartamentos turísticos
  • Aloxamentos rurais
  • Campings
  • Albergues
  • Balnearios
  • Axencias de viaxe
  • Campos de golf
  • Guías de turismo
  • Turismo activo e ecoturismo
  • Enoturismo
  • MICE
  • Empresas náuticas
  • Transporte

ÁMBITOS DE XESTIÓN

  • Finanzas
  • RR.HH.
  • Márketing e ventas
  • Legal
  • Fiscal
  • Laboral
  • Novas tecnoloxías